Ano de publicación:
2018
G-Pedreira, R., & Cortizas Varela, O. (2018). Adaptacións stopmotion de Fantastic Mr. Fox e James and the Giant Peach de Roald Dahl. Elos: Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, (5). https://doi.org/10.15304/elos.5.4099
O obxectivo deste breve artigo é analizar o uso da técnica cinematográfica do stopmotion en dúas películas de animación baseadas en James and the Giant Peach (1961) e Fantastic Mr. Fox (1979), da autoría de Roald Dahl (United Kingdom, 1916-1990), profundando no proceso de adaptación ao formato audiovisual tendo en conta a retórica do relato fantástico. A primeira delas é unha película de Walt Disney Pictures, producida por Tim Burton e Denise di Nove, dirixida por Henry Selick e estreada en 1996; a segunda delas foi producida por Indian Paintbrush e Regency Enterprises, dirixida por Wes Anderson e estreada en 2009. Polo tanto, farase un pequeno marco teórico sobre a Literatura Infantil e Xuvenil fantástica, o cinema de animación e a influencia que a semiótica de ambas linguaxes ten na adaptación resultante da súa combinación.