Ano de publicación:
2019
Freire Pérez, E. (2019). Espazo-Acción. Un estudo sobre as relacións entre estética-ideoloxía e forma-acción aplicadas ao deseño dos espazos de uso comunitario. Revista Dobra, (4/5), 1-14. https://revistadobra.weebly.com/uploads/1/1/1/8/111802469/espazo_accion.pdf
Este estudo explora a dimensión simbólica e matérica das formas en relación aos que as experimentan, explora a capacidade do espazo para reflectir os modos de vida que nel se desenvolven. Neste senso, enténdese o espazo como contedor de significados e significantes, de historias de vida, de pegadas, de accións… un espazo polisémico co que nos sentimos identificados, onde proxectamos parte de nós. Así, ao igual que o noso corpo, o espazo é o segundo casulo que nos envolve, que nos coida, no que nos relacionamos cos demais. As experiencias realizadas baséanse na comprensión da xeración de formas-accións por parte de comunidades de aprendizaxe e de cómo estas formas-accións son extrapolables a territorios e espazos de uso compartido, mellorando con estas prácticas o entendemento das formas da nosa contorna. Só se entendemos que no espazo que nos rodea podemos proxectar as nosas inquedanzas, experiencias e necesidades, só así poderemos ser partícipes da súa construción.