O grupo de investigación LITER21, acaba de publicar na Editorial Graó o libro Proxectos interdisciplinares de educación artística e literaria, coordinado polas profesoras Carmen Franco-Vázquez, Carol Gillanders e Marta Neira-Rodríguez. Neste monográfico compleméntase, tamén con varias aportacións doutros membros e colaboradores do grupo, como Vicente Blanco Mosquera, Guillermo Calviño Santos, José Agustín Candisano Mera, Lucía Casal de la Fuente, Belén Castro-Fernández, Salvador Cidrás Robles, Olalla Cortizas Varela, Mª del Carmen Ferreira Boo, Estella L. Freire Pérez, Rocío G-Pedreira, Armando Requeixo, Pilar Rivero Gracia, Laura Tojeiro Pérez, Cristina Trigo Martínez e Isabel Vilariño Manteiga.
A continuación, presentamos un breve resumo deste monográfico:
O século XXI caracterízase pola presenza nas aulas de metodoloxías de ensinanza que cambian os ámbitos educativos e que todo o profesorado debería coñecer. Algunhas destas propostas son novas na súa totalidade, mentres que outras constitúen versións innovadoras de metodoloxías xa existentes.
Aulas invertidas, gamificación, ensinanza colaborativa, aprendizaxes baseados en problemas, nos pensamento, en competencias, en proxectos etc., son algunhas das alternativas cas que preténdese comprometer ao alumnado no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe, dándolle un papel protagonista inexistente noutros momentos históricos ou invitándoo a aprender de maneira agradable e lúdica.
Proxectos interdisciplinares de educación artística e literaria céntrase nunha desas metodoloxías actuais e involucra áreas de coñecemento básicas na formación de quen constituirá unha sociedade cuxos obxectivos deben perseguir a igualdade entre as persoas, a protección e a prosperidade do planeta, tal como recóllese na Axenda 2030.
O libro contén unhas reflexións iniciais que ofrecen unha aproximación ao aprendizaxe baseado en proxectos e a súa relación cas linguaxes artísticas e literarias para, a continuación, dar cabida a un total de dez contribucións que amosan os deseños ou postas en práctica de proxectos interdisciplinares sobre a base da escultura, a música, a pintura, o entorno, a comunidade, a literatura ou o cinema. En suma, este conxunto de aportacións, non exentas de creatividade, pretenden enriquecer a nosa visión da educación artística, literaria ou patrimonial.